Convocatoria Exposición Dixital

olladas de muller

Descargar convocatoria en castellano

Descargar convocatoria en galego

1. ¿EN QUÉ CONSISTE A CONVOCATORIA?

A Rede Museística de Lugo promove unha convocatoria para participar na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais, blog e páxina web do Museo).

Esta exposición xira arredor dunha obra titulada Guía Postal de Lugo, que fóra realizada por Maruja Mallo e que actualmente forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo (para poder ver a obra fai click AQUÍ). As artistas participantes recrearán a obra orixinal en linguaxes artísticas actuais.

A exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo enmárcase dentro dunha nova edición de A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0, unha iniciativa centrada na visibilización das mulleres no eido creativo, levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo, baixo a dirección de Encarna Lago.

A exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, inaugurarase o día 7 de marzo e se celebrará na Sala da Deputación de Lugo durante o mes de marzo. Forma parte do Festival Miradas de Mujeres 2014, organizado a nivel estatal por MAV (Asociación de Mujeres en las Artes Visuales) e coordinado a nivel galego por Paula Cabaleiro.

2. PARTICIPANTES

Poderán presentarse a esta convocatoria todas as mulleres artistas vinculadas ao mundo da creación, de todos os ámbitos e disciplinas, sen límite de idade ni procedencia xeográfica.

3. TEMA DA CONVOCATORIA

Guía Postal de Lugo é un cadro pintado por Maruja Mallo, realizado no ano 1929 por encargo da Deputación de Lugo para ilustrar as páxinas dun libro titulado Lugo y su provincia (Libro de Oro), publicado tamén en 1929. Nesta obra, a artista ofrece a súa visión da provincia de Lugo.

Nesta convocatoria anímase ás participantes a reflexionar sobre a figura desta gran artista a partir do seu cadro Guía Postal de Lugo, así como sobre a propia provincia lucense.          

4. OBXECTIVOS DA CONVOCATORIA

Por medio desta convocatoria búscase:

– A visibilización da arte creada baixo unha ollada feminina.
– A difusión de propostas actuais.
– A divulgación e o estudio da figura de Maruja Mallo.
– A promoción da provincia de Lugo.

5. TIPO DE OBRA

A través de diferentes disciplinas artísticas, formatos e técnicas tratarase de mostrar as múltiples posibilidades de abordar a provincia de Lugo, o tema tratado por Maruja Mallo, polo que serán admitidas pezas artísticas de distintas disciplinas: pintura, debuxo, fotografía, vídeo, música, escrita, etc.

6. TIPO DE IMAXE

As imaxes enviadas dos traballos cos que se quere concurrir á convocatoria deberán ser enviados en formato lexible (jpg, png, tiff, pdf).

Nestas imaxes deberá apreciarse a obra tanto na súa totalidade coma os seus detalles.

7.  DIFUSIÓN DE OBRA

1- Todas as obras recibidas nesta convocatoria terán difusión a traveś de diferentes plataformas online, como Enredarte (blog da Rede Museística de Lugo) a propia páxina web do Museo Provincial de Lugo, ademáis de diversas redes sociais. Deste xeito, búscase a creación dun arquivo de mulleres artistas para a visibilización dos seus traballos.

http://www.museolugo.org/

https://www.facebook.com/olladasdemuller

https://enredarteredemuseistica.wordpress.com/

2- As obras e propostas presentadas á convocatoria poderán verse na propia sala expositiva xunto as obras e artistas participantes na mostra Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo; serán proxectadas, visionadas nun monitor ou poderán consultarse nun ordenador.

8. DATA DA CONVOCATORIA

A convocatoria terá lugar dende o 1 de febreiro ata o 25 de febreiro de 2014. A partir desta última data non será admitida máis documentación.

9. SOLICITUDES

DOCUMENTACIÓN

As personas interesadas deberán presentar un dossier que conteña:

A. Datos da persona participante:

– Nome e apelidos
– DNI
– Data de nacemento
– Enderezo postal
– Teléfono
– Correo electrónico
– Breve currículum ou bio con statement

B. Breve descripción da obra  (máximo 2.500 caracteres contando espacios), acompañado de imaxes en alta e baixa resolución.

C. Breve dossier de obra anterior.

D. Ficha técnica da obra.

(A Comisión non terá en conta as solicitudes que non cumplan estes requisitos)

10. RECEPCIÓN DE SOLICITUDES

As propostas serán enviadas por correo electrónico ao seguinte enderezo:

guiapostaldelugo@gmail.com

Para resolver dudas e consultas pódese escribir a este mesmo enderezo de correo electrónico:

guiapostaldelugo@gmail.com

11. CONDICIÓNS DA CONVOCATORIA 

1. Propiedade intelectual.
A Rede Museística de Lugo asume que todas as pezas son orixinais e propiedade de cada participante, con todos os dereitos que se lles atribúe. Non se fai responsable polas infracciones aos dereitos de autor ou propiedade intelectual nas que incurra a artista coa súa obra.
A Rede Museística de Lugo fará a promoción necesaria sobre o evento polo que se reserva o dereito de reproducir imaxes das propostas seleccionadas para a súa divulgación mediante calquera medio (gráfico, audiovisual, internet, etc.) durante todo o periodo da exposición. Polo cal, toda participante cede á Rede Museística de Lugo, con carácter de exclusividade e con facultade para esta de cesión a terceiros, durante a máxima extensión temporal que permite a lexislación vigente e para todo o mundo, a totalidade dos dereitos de explotación recoñecidos no Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, e todo iso sen prexuízo dos dereitos de carácter irrenunciable e intransmisible que o mencionado texto legal recoñece.

2. Dereitos de imaxe das participantes.

As participantes dan o seu permiso para aparecer en imaxes (fotografía, vídeo, etc.) tomadas dentro do recinto da Sala de Exposicións da Diputación de Lugo para a súa posterior difusión informativa ou promocional, e autoriza devandito uso.

3. Aceptación das bases
As solicitantes, polo mero feito de presentarse á convocatoria, aceptan as presentes bases.
En caso de necesitar máis información sobre a presente convocatoria, pódese escribir ao seguinte enderezo: guiapostaldelugo@gmail.com

Área de Cultura, Vicepresidencia 1ª

Deixar un comentario