Algunha das artistas participantes na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo precisan da vosa axuda para confeccionar as súas obras. Trátase de Mónica Alonso e Carolina Cruz Guimarey, que nos fixeron chegar unha convocatoria para que as persoas que así o desexen podan formar parte da súa obra.
Podedes atopar información moito máis detallada seguindo as ligazóns que imos compartir con vós ou simplemente buscar no blog na sección sobre a exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo.
Non perdades esta oportunidade única de formar parte dunha obra de arte e non vos esquezades de seguir o grupo en facebook para poder informarvos puntualmente de todo o que vai acontecendo no proxecto.