Estudio aberto

>1 xullo>31 agosto>2013

Sala de exposicións da Deputación de Lugo Concibido para artistas plásticos de diferentes disciplinas: pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación, … A Sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos converterase, durante dous meses, nun estudio aberto no que os artistas, elixidos mediante convocatoria pública, disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros creadores seleccionados.