Saudarte

>setembro>2013

Hospital de San Xosé de Lugo Proxecto para un edificio que foi hospital e que non ten aínda un destino de uso definido para o futuro. Trátase de abrir temporalmente as súas dependencias para presentar todo tipo de intervencións e propostas artísticas en diferentes eidos creativos: artes visuais, escénicas, musicais, literarias …. Un xurado cualificado seleccionará trinta propostas, individuais ou de grupo, para intervir neste proxecto que segue o ronsel do que tivo lugar no tamén pechado Hospital Psiquiatrico San Rafael de Castro: Entolearte.

Valoráranse especialmente (pero non de xeito excluínte) aqueles proxectos que, en relación co antigo uso do espazo expositivo, fagan referencia á enfermidade e a saúde ou aos valores curativos da arte.