Diálogos na rede
BASES DA CONVOCATORIA
“Diálogos na Rede” é un proxecto incluído dentro da iniciativa ENREDARTE, da Rede Museística da Deputación de Lugo, co que se pretende establecer un diálogo entre os artistas e as pezas ou coleccións dos catro museos que conforman a Rede Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Etnográfico de San Paio de Narla). Esta iniciativa, á que pode concorrer calquera autor/a, en calquera disciplina artística, estará activa entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2013.
O artista seleccionado recibirá unha axuda económica para a súa produción artística, cunha cifra que estará en función do proxecto, pero cun importe mínimo de 300 euros.
1.- CARÁCTERÍSTICAS DO PROXECTO ARTÍSTICO:
– Cada artista ou colectivo artístico elaborará un proxecto inspirado nunha peza ou colección concreta dalgún dos catro museos da Rede Museística Provincial, que deberá adecuarse ós espazos expositivos.
– O proxecto deberá ser inédito
– Un xurado especializado seleccionará, entre os proxectos presentados, dous artistas para intervir en cada un dos museos.
DOCUMENTACIÓN DO ARTISTA:
– Breve CV do artista ou grupo de artistas integrantes do proxecto
– Indicar número de teléfono de contacto, enderezo postal e e-mail
DOSSIER DO PROXECTO:
– Título do proxecto
– Xustificación do proxecto expositivo: argumento e discurso
– Deseño expositivo (anteproxecto), adaptado ó espazo seleccionado
– Listado de pezas/instalacións que compoñen a exposición, con foto ou esbozo e descrición; así como as necesidades específicas para a exhibición.
2.- O ARTISTA OU RESPONSABLE DO PROXECTO SELECCIONADO DEBERÁ:
– Axustarse ás datas escollidas pola organización (Rede Museística da Deputación de Lugo).
– Facer un seguimento do proxecto
– Cumprir coa entrega de material e información para a divulgación dos seus traballos: elaboración de textos para folletos, carteis, etc.
– Ter a obra no espazo sinalado, unha semana antes da inauguración, en perfectas condicións para a súa exhibición.
– Facerse cargo da montaxe, desmontaxe e transporte
– Unha vez rematada a exposición da obra, o artista comprométese a retirala dentro da semana seguinte á data da clausura.
– Participar activamente nos diversos actos públicos vinculados ó proxecto e actividades paralelas á exposición.
3.- SOLICITUDE:
Os participantes deberán cubrir o formulario de solicitude, que para tal efecto se poñerá á súa disposición na páxina web da Rede Museística Provincial (http://www.museolugo.org) e envialo, en formato dixital, xunto co resto da documentación requirida, antes das 14.00 horas do 30 de maio, ó seguinte enderezo: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org
4.- DOCUMENTACIÓN:
– Dossier de obra recente (máximo 10 páx.)
– CV artístico (máximo 2 páx.)
– Fotocopia do DNI
– Indicar número de teléfono de contacto, enderezo postal e e-mail
– Solicitude, debidamente cuberta, cunha breve proposta da obra para realizar
5.- RESOLUCIÓN:
A resolución coa relación dos artistas e dos proxectos seleccionados farase pública, antes do 10 de xuño, na páxina web do Museo Provincial de Lugo (http://www.museolugo.org) e no blog do Proxecto Enredarte (https://enredarteredemuseistica.wordpress.com/). Ós artistas seleccionados seralles notificada a dita resolución por teléfono e/ou correo electrónico.
6.- EXPOSICIÓN:
O proxecto desenvolverase entre o 1 de xullo e o 31 de agosto de 2013
7.- DEREITOS E DEBERES:
A Rede Museística da Deputación de Lugo non se fai responsable:
– dos gastos de materiais, medios e ferramentas necesarios para realizar as obras polas cales os artistas foron seleccionados; así como tampouco dos gastos da montaxe, desmontaxe e trasporte das citadas obras.
– dos gastos de aloxamento e manutención dos artistas participantes, así como tampouco dos traslados destes.
– dos danos ou faltas que poidan xurdir nas obras e nos medios e materiais utilizados polos artistas durante o proceso de traballo.
A Rede Museística da Deputación de Lugo:
– poñerá á disposición do artista os planos ou parámetros técnicos dos ditos espazos, que poderán visitar, aviso previo, se o considerasen necesario.
– comprométese á elaboración do correspondente catálogo do proxecto escollido
8.- XURADO:
– O xurado estará formado por expertos do mundo da arte e membros da Rede Museística Provincial.
– O xurado valorará a calidade e a orixinalidade dos proxectos, o desenvolvemento do proxecto expositivo e a súa adecuación ós obxectivos definidos nesta convocatoria.
9.- DEREITOS SOBRE A OBRA:
– A organización reserva para si todos os dereitos sobre o proxecto seleccionado
10.- ACEPTACIÓN RESPONSABLE:
– A persoa que solicita a participación nesta convocatoria deberá declarar que os datos que achega son veraces e que acepta todos os puntos presentes nesta, comprometéndose a levar a cabo os ditos puntos e respectar os prazos estipulados.
– Para calquera información adicional, pode deixar as súas consultas no e-mail xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org ou no tfno. 982 242 112.
11.- RENUNCIA:
– A participación nesta convocatoria de “Diálogos na Rede” supón a aceptación das presentes bases, as resolucións que o xurado e a organización consideren oportunas e a renuncia a calquera tipo de reclamación.