
Enredarte – Estudio Aberto II
Estudio Aberto é unha iniciativa encadrada no proxecto EnREDarte, na que mediante dúas residencias artísticas, 12 artistas seleccionados conviven nun proceso de creación dialogada a través dun obradoiro conxunto e aberto. Durante unha semana, os visitantes atopan na Sala de Exposición do Pazo de San Marcos, un espazo vivo dinámico, en constante cambio, contenedor de experiencias compartidas, tomando ao público como axente activo das obras.
Rematada a primeira residencia, mañá xoves, día 1 de agosto, dará comezo a segunda das residencias que, ata 7 de agosto, vaise desenvolver segundo o seguinte programa:
1. Agosto: 11.30h_Presentación e apertura desta segunda residencia no Museo Provincial de Lugo por Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e Paula Cabaleiro, coordinadora de Estudio Aberto, na que participan os artistas Mónica Trastoy, José M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herrán, Elena Gaztelumendi, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro.
1<7. Agosto: traballo colectivo dos artista citados no espazo (Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos) Horario: 10 a 14h/ 16.30 a 20.30h
1<7. Agosto: 19.00h_ UN DÍA, UN ARTISTA… presentación de proxectos
Xoves 1: José M. Luque / Venres 2: Cristóbal Tabares e Ro-Ro + Elena Gaztelumendi Sábado 3: Mónica Trastoy / Domingo 4: Paz Vicente / Luns 5: Edurne Herrán / Mércores 7: Eva Cruz
CHARLAS CON…
(Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais, artistas…)
Sábado 3: 20.00h_Charla con JAVIER BLANCO
Director da galería de arte Metro (Santiago de Compostela)
Martes 6: 15.30h_SAÍDA A CORUÑA
17.00h : Visita a Fundación Luís Seoane
Charla coa directora, SILVIA LONGUEIRA
18.30h : Visita a MAC (Museo de Arte Contemporánea)
Charla co Departamento de Didáctica
Mércores 7: 20.00h_Charla con DAVID BARRO
Comisario independente, director da revista de arte DARDO
8<9. Agosto : MONTAXE EXPOSICIÓN
9. Agosto : INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN
9<25. Agosto : EXPOSICIÓN. clausura o domingo 25