Convocatoria Carolina Cruz Guimarey

TERRA en facebook

CONVOCATORIA ABERTA PARA PARTICIPAR NA CREACIÓN DUNHA OBRA DE ARTE

TERRA, POSTAIS PARA LUGO DE CAROLINA CRUZ GUIIMAREY

A Rede Museística Provincial de Lugo lanza unha convocatoria aberta para participar na ecreación de TERRA, postais para LugoÉ unha peza colaborativa da artista Carolina Cruz Guimarey pensada para a exposición colectiva Olladas de muller sobre a obra Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, na que diversas artistas recrearán a obra orixinal de Maruja Mallo coas linguaxes artísticas actuais: instalación, pintura, fotografía, vídeo, danza…
A artista Carolina Cruz Guimarey creará unha instalación específica utilizando a terra enviada polas/os lucenses que vivan fóra de provincia de Lugo. Podes colaborar enviando un sobre cun pouco de terra do lugar onde resides, indicando a túa procedencia natal e o teu domicilio actual.
Envía a túa terra a:

Museo Provincial de Lugo

Praza da Soidade s/n

27001

Lugo

Podes visitar a proposta en: https://www.facebook.com/terrapostaisparaLugo

TERRA, Postais para Lugo de Carolina Cruz Guimarey formará parte da exposición Olladas de muller sobre a obra Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo xunto con 9 proxectos inéditos realizados por Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Xisela Franco, Carmen Llonín, Paulova e o Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez), xunto a Vari Caramés, que participará cunha fotografía do proxecto Miradoiro Galicia.
A exposición Olladas de muller sobre a obra Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo está organizada pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª. Está comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, e coordinada por Ana Etchevería. A exposición inaugurarase o día 7 de marzo e se celebrará na Sala da Deputación de Lugo durante todo o mes de marzo. Enmárcase dentro das varias propostas doFestival Miradas de Mujeres que organiza o MAV en Galicia.

Para + info:

https://www.facebook.com/olladasdemuller

https://enredarteredemuseistica.wordpress.com/enredarte/olladas-de-muller-sobre-a-guia-postal-de-lugo-de-maruja-mallo/

Deixar un comentario