Incorporamos no blog a exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo

olladas de muller

A Rede Museística de Lugo, Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª, promove unha convocatoria para mulleres creadoras de todas as disciplinas (artes visuais, artes vivas, escrita, etc) para participar na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais como o Facebook de Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, blog de Enredarte e a páxina web do Museo Provincial de Lugo), e tamén serán visionadas na propia sala de exposicións.

Esta exposición xira arredor dunha obra titulada Guía Postal de Lugo, que fóra realizada por Maruja Mallo en 1929 e que actualmente forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo (para poder ver a obra fai click AQUÍ). Nesta obra, a artista ofrece a súa visión da provincia de Lugo, mesturando modernidade e tradición co seu propio imaxinario.

As artistas seleccionadas recrearán a obra orixinal en linguaxes artísticas actuais: instalación, pintura, fotografía, vídeo, danza… Contaremos con 9 proxectos inéditos realizados por Antía Moure, Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Carolina Cruz Guimarey, Xisela Franco, Carmen Llonín, Paulova e o Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez), xunto a Vari Caramés, que participará cunha fotografía do proxecto Miradoiro Galicia.

A exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo enmárcase dentro dunha nova edición de A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0, unha iniciativa centrada na visibilización das mulleres no eido creativo, levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª.

A exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, inaugurarase o día 7 de marzo e se celebrará na Sala da Deputación de Lugo durante o mes de marzo. Está coordinada por Ana Etcheverrría e forma parte do Festival Miradas de Mujeres 2014, organizado a nivel estatal por MAV (Asociación de Mujeres en las Artes Visuales) e coordinado a nivel galego por Paula Cabaleiro.
https://www.facebook.com/olladasdemuller

Nesta convocatoria anímase ás participantes a dar a vosa propia visión da provincia de Lugo e deste cuadro e reflexionar sobre a figura desta gran artista a partir do seu cadro Guía Postal de Lugo.

¡¡¡Tedes ata o 25 de febreiro para enviala!!!
Deixámosche as bases neste enlace:

https://enredarteredemuseistica.wordpress.com/enredarte/olladas-de-muller-sobre-a-guia-postal-de-lugo-de-maruja-mallo/bases/

Para + info:
guiapostaldelugo@gmail.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s