Convocatoria Mónica Alonso

olladas de muller
CONVOCATORIA PARA PARTICIPAR NA CREACIÓN DUNHA OBRA DE ARTE

“PERCEPCIÓN DAS CORES DE INVERNO E AS CORES DE VERÁN NA CIDADE DE LUGO” DE MÓNICA ALONSO
A obra que a artista Mónica Alonso está a realizar para a exposición Olladas de Muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo leva por título Percepción das cores de inverno e as cores de verán na cidade de LugoEste traballo busca afondar no estudio das cores empregadas pola artista Maruja Mallo para representar Lugo e a súa provincia.

Maruja Mallo tiña 27 anos cando pintou o cadro e non sabemos en que estación do ano se inspirou.Para obter esta información Mónica Alonso deseñou un cuestionario no que se pregunta sobre a diferenza entre as cores de verán e as cores de inverno na cidade de Lugo.

Por iso, precisa de persoas de entre 20 e 30 anos de idade que respondan a unhas poucas e divertidas preguntas sobre cores, sensacións, lugares e estacións.

Se queres contribuir a esta investigación, anímate a participar!!!!!!

Os cuestionarios están no hall de entrada do Museo Provincial de Lugo do 12 ao 17 de febreiro. Achégate até alí e participa na creación dunha obra de arte!

Poderás ver o resultado desta investigación na exposición Olladas de Muller sobre a Guia Postal de Lugo de Maruja Mallo, que se inaugurará o día 7 de marzo na sala da Deputación de Lugo ás 20h. O proxecto está organizado pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura e Deportes da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª.

Agardámoste!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s