Resolución do xurado de Estudio Aberto

ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DE ESTUDIO ABERTO 3

Sendo as 17:30 horas do día 7 de xullo de 2014, reúnense os membros do xurado
cualificador dos proxectos presentados a Estudio Aberto 3 que ao marxe se relacionan
e, despois das deliberacións oportunas, acordan as seguintes decións: 
1. Destacar a alta calidade dos traballos presentados, así como tamén o número
de participantes nesta convocatoria.
2. Vistos os proxectos, este xurado decide seleccionar as seguintes propostas:
– “La dinámica de la mancha” de MARCELA MASTROIANNI
– “Obxectos de uso cotián convertidos en obxectos de colección?” de MARÍA XOSÉ DOMINGUEZ
– “Actor” de RUBÉN PÉREZ
– “Small Trades” de FÉLIX CARPIO
– “Reglas para un parque humano” de BASILISA FIESTRAS
– “Cobertizos, un lugar de paréntesis” de ANNA KATARINA
– “Arqueolejías” de ANA ARREGUI
– “Modelos para armar” de ADRIANA PAZOS
E non habendo máis asuntos que tratar, lévántase a sesión ás 20.30 horas.
Xurado Estudio Aberto 3
– Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e
coordinadora de Estudio Aberto 3.
– Juan Meana, decano da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.
– Chelo Matesanz, artista multidisciplinar e profesora da Universidade de Vigo.
– Chus Martínez, crítica de arte, comisaria e membro do Observatorio de
Igualdade do Consello da Cultura Galega.
– Luisa Pita, directora da galería Bus Station Space de Santiago de Compostela.
– Silvia Blanco, do Museo Arqueológico de Cacabelos e profesora de Historia da
Arte da UNED.
– Paula Cabaleiro, coordinadora de Estudio Aberto 3 que actúa como secretaria
do Xurado.
Lugo, 7 de xullo de 2014

Advertisement

Queres formar parte dunha obra de arte?

olladas de muller

Algunha das artistas participantes na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo precisan da vosa axuda para confeccionar as súas obras. Trátase de Mónica Alonso e Carolina Cruz Guimarey, que nos fixeron chegar unha convocatoria para que as persoas que así o desexen podan formar parte da súa obra.

Podedes atopar información moito máis detallada seguindo as ligazóns que imos compartir con vós ou simplemente buscar no blog na sección sobre a exposición  Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo. 

Non perdades esta oportunidade única de formar parte dunha obra de arte e non vos esquezades de seguir o grupo en facebook para poder informarvos puntualmente de todo o que vai acontecendo no proxecto.

  • Convocatoria Mónica Alonso aqui
  • Convocatoria Carolina Cruz Guimarey aqui

Incorporamos no blog a exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo

olladas de muller

A Rede Museística de Lugo, Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª, promove unha convocatoria para mulleres creadoras de todas as disciplinas (artes visuais, artes vivas, escrita, etc) para participar na exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, de forma virtual a través de plataformas online (redes sociais como o Facebook de Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo, blog de Enredarte e a páxina web do Museo Provincial de Lugo), e tamén serán visionadas na propia sala de exposicións.

Esta exposición xira arredor dunha obra titulada Guía Postal de Lugo, que fóra realizada por Maruja Mallo en 1929 e que actualmente forma parte da colección do Museo Provincial de Lugo (para poder ver a obra fai click AQUÍ). Nesta obra, a artista ofrece a súa visión da provincia de Lugo, mesturando modernidade e tradición co seu propio imaxinario.

As artistas seleccionadas recrearán a obra orixinal en linguaxes artísticas actuais: instalación, pintura, fotografía, vídeo, danza… Contaremos con 9 proxectos inéditos realizados por Antía Moure, Mónica Alonso, Carla Andrade, Mónica Cabo, Carolina Cruz Guimarey, Xisela Franco, Carmen Llonín, Paulova e o Colectivo Tanuki (Nieves Neira e Cristina Sánchez), xunto a Vari Caramés, que participará cunha fotografía do proxecto Miradoiro Galicia.

A exposición Olladas de muller sobre a Guía Postal de Lugo de Maruja Mallo enmárcase dentro dunha nova edición de A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0, unha iniciativa centrada na visibilización das mulleres no eido creativo, levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo, Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia 1ª.

A exposición, comisariada por Encarna Lago e Anxela Caramés, inaugurarase o día 7 de marzo e se celebrará na Sala da Deputación de Lugo durante o mes de marzo. Está coordinada por Ana Etcheverrría e forma parte do Festival Miradas de Mujeres 2014, organizado a nivel estatal por MAV (Asociación de Mujeres en las Artes Visuales) e coordinado a nivel galego por Paula Cabaleiro.
https://www.facebook.com/olladasdemuller

Nesta convocatoria anímase ás participantes a dar a vosa propia visión da provincia de Lugo e deste cuadro e reflexionar sobre a figura desta gran artista a partir do seu cadro Guía Postal de Lugo.

¡¡¡Tedes ata o 25 de febreiro para enviala!!!
Deixámosche as bases neste enlace:

https://enredarteredemuseistica.wordpress.com/enredarte/olladas-de-muller-sobre-a-guia-postal-de-lugo-de-maruja-mallo/bases/

Para + info:
guiapostaldelugo@gmail.com

Propostas seleccionadas programa Arte e Natureza no Pazo de Tor

O día 12 de agosto do 2013, o Comité de Selección do PROXECTO ENREDARTE que, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, valorou as diferentes propostas presentadas ao Programa Arte e Natureza no Pazo de Tor acordando adoptar a seguinte decisión:

1.- Seleccionáronse tal como aparece recollido nas bases catro proxectos para participar na I Residencia artística de Arte e Natureza no Pazo.
2.- Debido a gran calidade dos proxectos presentados, acordouse seleccionar outros sete proxectos que terán dereito a participar na exposición e no catálogo final do proxecto.

Proxectos seleccionados para a Residencia artística:
– ALBERTO PENA / “Pombal.Pazo de Tor”
– LEMUEL QUIROGA / ” Rerum Natura.Cuadernos de campo”
– DAVID CRESPO / “Tor Lúdico”
– EL ABRELATAS / “Co-dice”

Proxectos seleccionados para Exposición e Catálogo:
– COLECTIVO RA / “Experiencias de Naturaleza en Pazo de Tor”
– NILO ARIAS / “Dulce Apolo”
– ISABEL ALONSO / ” Natureza artificial”
– CARLOS DE GREDOS / “Pobo”
– XOSE REIGOSA / “Apis Mellifera”
– NOA PERSÁN / “Contenedores Baleiros”
– LOMARTI / ” Asistida-Compartida.Fotosíntese dual”

Inauguración da exposición ESTUDIO ABERTO II

Enredarte Estudio Aberto II

Enredarte Estudio Aberto II

Inauguración da exposición ESTUDIO ABERTO. II Residencia artística (Proxecto EnREDarte)  integrada por :

– Mónica Trastoy
– José M. Luque
– Eva Cruz, Edurne Herrán
– Elena Gaztelumendi
– Paz Vicente
– Cristóbal Tabares
– Ro-Ro

Que terá lugar mañá venres, 9 de agosto de 2013, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (Deputación Provincial de Lugo).

Rúa San Marcos s/n
Tel.: 982 242 112
www.museolugo.org / difusion@museolugo.org

Segunda residencia artística Estudio Aberto

Enredarte Estudio Aberto II

Enredarte – Estudio Aberto II

Estudio Aberto é unha iniciativa encadrada no proxecto EnREDarte, na que mediante dúas residencias artísticas, 12 artistas seleccionados conviven nun proceso de creación dialogada a través dun obradoiro conxunto e aberto. Durante unha semana, os visitantes atopan na Sala de Exposición do Pazo de San Marcos, un espazo vivo dinámico, en constante cambio, contenedor de experiencias compartidas, tomando ao público como axente activo das obras.

Rematada a primeira residencia, mañá xoves, día 1 de agosto, dará comezo a segunda das residencias que, ata 7 de agosto, vaise desenvolver segundo o seguinte programa:

1. Agosto: 11.30h_Presentación e apertura desta segunda residencia no Museo Provincial de Lugo  por Encarna Lago González, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e Paula Cabaleiro, coordinadora de Estudio Aberto, na que participan os artistas Mónica Trastoy, José M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herrán, Elena Gaztelumendi, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro.

 

1<7. Agosto: traballo colectivo dos artista citados no espazo (Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos)  Horario: 10 a 14h/ 16.30 a 20.30h

1<7. Agosto: 19.00h_ UN DÍA, UN ARTISTA… presentación de proxectos

Xoves 1: José M. Luque / Venres 2: Cristóbal Tabares e Ro-Ro + Elena Gaztelumendi  Sábado 3: Mónica Trastoy / Domingo 4: Paz Vicente / Luns 5: Edurne Herrán / Mércores 7: Eva Cruz

CHARLAS CON… 

(Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais, artistas…)

 

Sábado 3: 20.00h_Charla con JAVIER BLANCO

Director da galería de arte Metro (Santiago de Compostela)

 

Martes 6: 15.30h_SAÍDA A CORUÑA

 

17.00h : Visita a Fundación Luís Seoane

Charla coa directora, SILVIA LONGUEIRA

18.30h : Visita a MAC (Museo de Arte Contemporánea)

Charla co Departamento de Didáctica

 

Mércores 7: 20.00h_Charla con DAVID BARRO

Comisario independente, director da revista de arte DARDO

 

8<9. Agosto : MONTAXE EXPOSICIÓN

9. Agosto : INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

9<25. Agosto : EXPOSICIÓN. clausura o domingo 25

I premio Galicia de fotografía contemporánea

I premio Galicia de fotografía contemporánea

A Fundación Benito Losada, organizadora durante tres décadas do Festival Outono Fotográfico, convoca por primeira vez, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Deputación de Lugo, o I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Os 16.000 euros de dotación económica do premio se destinarán á produción dunha exposición temporal itinerante coas obras gañadoras e á súa publicación nun libro que se distribuirá nas librerías. Ademais, unha selección das fotografías premiadas formará parte tamén do libro do Festival Outono Fotográfico.

Características do proxecto

O certame premiará propostas de carácter visual-fotográficas no discurso da fotografía contemporánea por parte de autoras e de de calquera nacionalidade, que poderán presentar as súas obras ata o próximo 4 de outubro. Os autores e as autoras participantes deberán presentar un proxecto fotográfico realizado en calquera data comprendida entre outubro de 2003 e outubro de 2013, que non fora subvencionado na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquera soporte, con enteira liberdade respecto ao tema e á técnica.

Itinerancia

O 16 de outubro reunirase o xurado e a finais deste ano, entre os meses de novembro e decembro, está prevista a inauguración da exposición co traballo gañador, cuxa itinerancia comezará no Museo Provincial de Lugo e se prolongará durante cinco anos dentro da programación do Festival Outono Fotográfico e tamén da programación que elaboren a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Bases: http://bit.ly/14Hqs69

I Simposio Arte e Natureza no Museo Pazo de Tor

O deputado delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, presentaron o programa do I Simposio Arte e Natureza (incluído no proxecto global EnREDarte) que se vai desenvolver este verán no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Este I Simposio Arte e Natureza consta de dúas fases: a primeira, un Encontros co artista Fernando Casás no Pazo de Tor, e a segunda a execución dunha Convocatoria aberta de proxectos de intervención Arte e Naturaleza no Pazo de Tor.

I Simposio Arte e Natureza [encontros co artista Fernando Casás no Pazo de Tor]
Os movementos culturais foron asimilados pola nosa sociedade e orientados aos fins que esta considera válidos. ¿En que posición se atopa o artista e como se presentan os movementos de Arte & Natureza cando a ecoloxía pasa a ser a base do pensamento politicamente correcto? O esforzo de non ser absorbido polos intereses dominantes lévanos á deslectura como busca da experiencia subxectiva e primixenia, ao mesmo tempo que pode ser o vehículo para atopar a posibilidade dunha comunicación e intercambio distanciados do establecido. A idea da existencia do paraíso e da súa perda definitiva, e a busca da posibilidade remota dun sistema alternativo aínda sobrevive en escasos lugares do pensamento e da sociedade. Desculturas que nos abren á busca dun universo paralelo a través da natureza, das plantas e dos espazos cargados de poder.
Fernando Casás, xullo 2013

PROGRAMA

27 e 28 de xullo de 2013 > Museo Pazo de Tor

> Sábado > 27 de xullo > 10.30h. >Conferencia Inaugural : Arte e natureza: civilización e urxencia doutra realidade, por Fernando Casás
[considerado coma un dos iniciadores dos movementos de Arte e Natureza, vive e traballa entre España e Brasil. Dende finais dos anos 70, e no medio dun entorno tropical, comeza a fraguar unha obra de marcado carácter conceptual, moitas veces efémera e vinculada a evidenciar e reflexionar sobre a memoria e o paso do tempo na natureza. Desprazando a arte da súa posición convencional para ubicala na natureza e recollendo trozos da natureza para introducila en museos, galerías e espazos urbanos, a súa obra funciona como metáfora epistemolóxica da quebra das fronteiras entre natureza e cultura]
> Visita ao Pazo de Tor e finca
> Comida no Pazo de Tor

> Sábado >sábado, 27 de xullo > 16.30h. >Mesa Redonda: A angustia do paraíso perdido
Interveñen:
Fernando Casás (artista e profesor na Facultade de Belas Artes da UVIGO)
Ruth Montiel (artista multidisciplinar especializada en intervencións na natureza)
Alberto Ruíz de Samaniego (profesor de Estética e teoría das artes da UVIGO. Crítico cultural e comisario de exposicións)
David Barro (crítico, comisario e director da revista de arte DARDO magazine)
>Visita á Ribeira Sacra

>Domingo >domingo, 28 de xullo > 11.00h. >Mesa Redonda: Paraíso como natureza
Interveñen:
Fernando Casás (artista e profesor na Facultade de Belas Artes da UVIGO)
Federico López Silvestre (profesor doutor de Historia das Ideas Estéticas Moderna e Contemporánea na USC e cunha importante tese dedicada á paisaxe)
Lucía Loren (artista madrileña especializada en arte e territorio, con numerosas intervencións na natureza e rural en toda España)
Chus Martínez (crítica de arte e comisaria de exposicións independente)

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

-Formulario de inscrición I Simposio Arte e Natureza [encontros co artista Fernando Casás no Pazo de Tor]: http://bit.ly/12jA1CI

Convocatoria aberta de proxectos de intervención Arte e Naturaleza no Pazo de Tor, enmarcada dentro do proxecto global EnREDarte.
Número de Prazas |50
Destinatarios | Prioritariamente artistas, aínda que tamén se abre a historiadores da arte e outros axentes do sector.
Lugar | Rede Museística, Pazo de Tor.
Prazo de presentación dos proxectos: ata as 14:00 horas do 10 de agosto de 2013.
Publicación da resolución cos proxectos seleccionados: 12 de agosto de 2013.
Intervención no Museo Pazo de Tor: do 20 ao 25 de agosto de 2013

Toda a información nas seguintes bases:
– BASES Convocatoria proxectos de intervención Arte e Naturaleza no Pazo de Tor:http://bit.ly/12tdFgW

Coordinación | Encarna Lago e Pilar Sánchez
Máis información: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org / tfnos.: 982242112 / 699 836 883

O proxecto Enredarte conxugará arte e natureza no Pazo de Tor

O proxecto Enredarte conxugará arte e natureza no Pazo de Tor

O proxecto Enredarte conxugará arte e natureza no Pazo de Tor

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou, esta mañá, no Museo de Lugo, xunto con Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, o I Simposio Arte e Natureza que se celebrará os días 27 e 28 de xullo no Pazo de Tor, en Monforte de Lemos, máis a Residencia Artística do mesmo nome, que se desenvolverá do 20 ao 25 de agosto.

Segundo explicou Mario Outeiro, “ámbalas dúas accións, que se organizan no marco do proxecto Enredarte, servirán para traballar as relacións que se presentan entre arte e natureza e a creación do artista incluída nos movementos ecolóxicos”.

“O Pazo de Tor – continuou o delegado – vaise converter en centro de investigación e difusión artística en torno aos conceptos de arte, natureza e territorio, mentres que a súa finca será escenario de intervencións, en estudo compartido ao aire libre e en substrato de cultivo para crear sinerxías entre os artistas participantes”.

O I Simposio Arte e Natureza, para o que hai dispoñibles 50 prazas, comezará cunha conferencia inaugural que terá lugar o sábado 27, ás 10:30 horas, da man de Fernando Casás, artista e profesor na Facultade de Belas Artes da UVIGO, e baixo o título ‘Arte e natureza: civilización e urxencia doutra realidade’, seguida dunha visita ao Pazo de Tor e á súa finca. Xa pola tarde, ás 16:30 horas, desenvolverase unha táboa redonda que versará sobre ‘A angustia do paraíso perdido’, seguida dunha visita á Ribeira Sacra. As xornadas rematarán o domingo, 28 de xullo, cunha táboa redonda, que terá lugar as 11:00 horas, sobre o ‘Paraíso como natureza’.

“Un conxunto de profesionais que teñen ás súas costas unha contrastada e dilatada carreira relacionada coa arte e natureza, formado por Fernando Casás, Ruth Montiel, Alberto Ruíz de Samaniego, David Barro, Federico López Silvestre, Lucía Loren ou Chus Martínez, achegará os seus coñecementos a estas xornadas que están dirixidas tanto a artistas como a historiadores da arte e outros axentes do sector”, precisou Outeiro.

Por outra banda desenvolverase a Residencia Artística Arte e Natureza que dará cabida a artistas de moi diversas disciplinas como a intervención, a instalación, a escultura ou o audiovisual, entre outras, e no que os creadores poderán traballar en formato e técnica libres, sempre que manteñan o respecto ao espazo e á natureza, aí como ao resto dos artistas.

Cada artista ou colectivo elaborará un proxecto artístico, a realizar entre os días 20 e 25 de agosto, a modo de residencia aberta ao público. Un xurado especializado seleccionará catro traballos entre todos os presentados que formarán parte dunha mostra que se inaugurará o 25 de agosto, coincidindo coa clausura da Residencia Artística, e que permanecerá aberta ao público ata o 30 de setembro.

Estudio aberto – colaboración colectiva

Estudio Aberto é unha iniciativa que bebe das directrices do proxecto Enredarte no que se enmarca: EXPERIENCIA, VISIBILIDADE e o compendio CREAR-COMPARTIR-PARTICIPAR.
Mediante dúas residencias artísticas, 12 artistas seleccionados rigurosamente por un xurado de profesionais da arte, conviven nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto. Durante unha semana, os visitantes atopan na sala de exposición do Pazo de San Marcos, un espazo vivo, dinámico, en constante cambio, contedor de experiencias compartidas, tomando o público como axente activo das obras.
A primeira residencia de artistas de Estudio Aberto, que se está a desenrolar na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo, do 1 ó 7 de Xullo, está aberta ás ao público en horario de 10 a 14h e 16.30 a 20.00h ata o domingo 7, visitando en plena creación aos artistas Ruth Montiel Arias, Reme Remedios, Senén Olano, Lomarti, Isabel Alonso e Gema López. Ademáis dúas das instalacións, as realizadas por Senén Olano e Reme Remedios, precisan da colaboración colectiva.
Olano desenrolará unha sesión participativa este venres 5 de mañá, para todos aqueles nenos e nenas de entre 5 e 10 anos que se acheguen á sala e queiran participar do seu gran debuxo continuo.

Pola súa conta, a artista Reme Remedios está a recoller pequenos obxectos ao longo da semana que os visitantes lle achegan, para formar parte das súas pequenas instalacións nas paredes da sala.