I premio Galicia de fotografía contemporánea

I premio Galicia de fotografía contemporánea

A Fundación Benito Losada, organizadora durante tres décadas do Festival Outono Fotográfico, convoca por primeira vez, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Deputación de Lugo, o I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Os 16.000 euros de dotación económica do premio se destinarán á produción dunha exposición temporal itinerante coas obras gañadoras e á súa publicación nun libro que se distribuirá nas librerías. Ademais, unha selección das fotografías premiadas formará parte tamén do libro do Festival Outono Fotográfico.

Características do proxecto

O certame premiará propostas de carácter visual-fotográficas no discurso da fotografía contemporánea por parte de autoras e de de calquera nacionalidade, que poderán presentar as súas obras ata o próximo 4 de outubro. Os autores e as autoras participantes deberán presentar un proxecto fotográfico realizado en calquera data comprendida entre outubro de 2003 e outubro de 2013, que non fora subvencionado na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquera soporte, con enteira liberdade respecto ao tema e á técnica.

Itinerancia

O 16 de outubro reunirase o xurado e a finais deste ano, entre os meses de novembro e decembro, está prevista a inauguración da exposición co traballo gañador, cuxa itinerancia comezará no Museo Provincial de Lugo e se prolongará durante cinco anos dentro da programación do Festival Outono Fotográfico e tamén da programación que elaboren a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Bases: http://bit.ly/14Hqs69

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s