Bases

ESPAZOS PÚBLICOS DE VISIBILIDADE

Pdf para a súa descarga

BASES DA CONVOCATORIA

Espazos públicos de visibilidade” é uha oferta da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, realizada, dentro do proxecto ENREDARTE a través da Rede Museística,  na  que  os  museos  integrantes  desta  Rede  (Museo  Provincial  de  Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e o Pazo de Tor) ofrecen os seus espazos para a presentación pública de calquera proposta de actividade cultural (teatro, música, danza, preentación de libros, humor, etc.)

Esta iniciativa desenvolverase desde o 1 de xullo ao 31 de agosto de 2013.

Todas  as  persoas  interesadas  en  espazos  dos  catro  museos  da Rede  Museística da Deputación de Lugos nos que desenvolver as súas propostas de actividade cultural deberán:

1.– Enviar a proposta do proxecto, en formato dixital, xunto co resto da documentación requirida, antes das 14.00 horas do 30 de maio, a: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org , indicando número de teléfono de contacto, enderezo postal e e-mail.

2.– Breve CV do artista ou grupo de artistas integrantes do proxecto.

3.– O dossier do proxecto da actividade cultural deberá incluir os seguintes aspectos: Título, xustificación do mesmo, anteproxecto do deseño adapatado ao espazo solicitado, etc., e deberá axustarse ás datas escollidas pola organización (Rede Museística da Deputación de Lugo).

4.– Un xurado especializado seleccionará, os que mellor se axusten a cada un dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo.

5.– A persoa responsable do proxecto cultural deberá:
· Facer un seguimento do proxecto
· Cumprir coa entrega de material e información para a divulgación dos seus traballos: elaboración de textos para folletos, carteis, etc.
· Ter o material no espazo sinalado, unha semana antes da inauguración, en perfectas condicións para a súa exhibición.
· Facerse cargo da montaxe, desmontaxe e transporte
· Unha vez rematada a exposición, o artista comprométese a retirala dentro da semana seguinte á data da clausura.
· Participar activamente nos diversos actos públicos vinculados ó proxecto e actividades paralelas á exposición.

6.– A Rede Museística da Deputación de Lugo non se fai responsable:
· dos gastos de materiais, medios e ferramentas necesarios para realizar as obras polas cales os artistas foron seleccionados; así como tampouco dos gastos da montaxe, desmontaxe e trasporte das citadas obras.
· dos gastos de aloxamento e manutención dos artistas participantes, así como tampouco dos traslados destes.
· dos danos ou faltas que poidan xurdir nas obras e nos medios e materiais utilizados polos artistas durante o proceso de traballo.

A Rede Museística da Deputación de Lugo:
· poñerá á disposición do artista os planos ou parámetros técnicos dos ditos espazos, que poderán visitar, aviso previo, se o
considerasen necesario.
· comprométese á elaboración da información correspondente do proxecto escollido

7.– A resolución e dos proxectos de actividades cutlurais seleccionadas farase pública, antes do 10 de xuño, na páxina web do Museo Provincial de Lugo (http://www.museolugo.org) e no blog do Proxecto Enredarte (https://enredarteredemuseistica.wordpress.com/)., ao tempo que lles será notificada aos reponsbales a resolución por teléfono e/ou correo electrónico.

8.– A persoa ou persoas que solicitan a participación nesta convocatoria deberán declarar que os datos que achega son veraces e que acepta todos os puntos presentes nesta, comprometéndose a levar a cabo os ditos puntos e respectar os prazos estipulados.

9.– A participación nesta convocatoria de “Espazos públicos de visibilidade” supón a aceptación das presentes bases, as resolucións que o xurado e a organización consideren oportunas e a renuncia a calquera tipo de  eclamación.

Para calquera información adicional, pode deixar as súas consultas no email xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org ou no tfno. 982 242 112.