Bases

BASES DA CONVOCATORIA PROXECTOS DE INTERVENCIÓN

Ubicado nun enclave máxico de natureza rural, o Pazo de Tor (Monforte de Lemos, Lugo) nacido como museo hai sete anos, transformarase con este proxecto en centro de investigación e difusión artística entorno aos conceptos arte, natureza e territorio. A súa finca tornarase en espazo de intervencións, en estudio compartido ao aire libre e en sustrato de cultivo de creación para crear sinerxías entre artistas.

Partindo da celebración do I SIMPOSIO de Arte e Natureza, encontros co artista Fernando Casás (27 e 28 de Xullo), que outorga o marco teórico e analítico da situación desta vía de traballo, con esta convocatoria preténdese conformar unha residencia artística, una colección aberta, falando da relación da arte coa natureza, e nun sentido máis xeral co entorno e coa diversidade da paisaxe da zona.

1.- PARTICIPANTES:

Poden concorrer a esta convocatoria todos os artistas que o desexen, sen exclusións por motivos de idade ou procedencia, individual ou colectivamente.

VALORARASE POSITIVAMENTE:

Ter asistido ao marco teórico do proxecto, o I SIMPOSIO ARTE E NATUREZA, encontros co artista Fernando Casás (27 e 28 de Xullo, Pazo de Tor, inscripción previa gratuita, 50 prazas).

2.- DISCIPLINAS:

A disciplina é aberta, dentro do marco Arte e Natureza: intervención, instalación, escultura, audiovisual… O formato e a técnica serán libres, mantendo sempre o respecto ao espazo e natureza, así como ao resto dos artistas.

3. – SOLICITUDE:

Os participantes deberán enviar a documentación requerida en formato dixital, antes das 14.00 horas do 10 de Agosto a: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org

4. – DOCUMENTACIÓN:

· Dosier do proxecto a realizar durante a residencia (máximo 5 páx.) (punto 4.1)

· Dosier de obra recente (máximo 10 páx.)

· CV artístico (máximo 2 páx.)

· Fotocopia do DNI.

· Solicitude, debidamente cuberta.

4.1 – PROXECTO DE INTERVENCIÓN:

Cada artista ou colectivo artístico elaborará un proxecto de intervención artística/instalación/obra a realizar durante os días do 20 ao 25 de Agosto, a modo de residencia artística aberta ao público.

– O proxecto deberá ser inédito.

– Un xurado especializado seleccionará, entre os proxectos presentados.

DOSIER DO PROXECTO:

– Título do proxecto.

– Xustificación do proxecto expositivo: argumento e discurso.

– Deseño expositivo (anteproxecto) e/ou desenvolvemento espacial : pezas/instalacións que compoñen a obra, con foto do espazo ou esbozo e descrición; así como as necesidades específicas para a realización e exhibición da mesma.

5.- RESOLUCIÓN:

A resolución coa relación dos 6 artistas/colectivos e proxectos seleccionados, farase pública, o día 12 de Agosto, na página web do Museo Provincial de Lugo (http://www.museolugo.org) e no blog do proxecto Enredarte (https://enredarteredemuseistica.wordpress.com).

Aos artistas seleccionados notificaráselles dita resolución por teléfono e/ou correo electrónico.

6.- EXPOSICIÓN:

A exposición inaugurarase á clausura do período da residencia artística: o 25 de Agosto ás 20.00h. Asímesmo, a mostra extenderase ata o 30 de Setembro.

7.- DEREITOS E DEBERES:

A Rede Museística da Deputación de Lugo:

· porá a disposición do artista fotografías do espazo e finca do pazo, que poderán visitar, aviso previo, se o considerasen necesario.

· comprométese á elaboración do correspondente catálogo dos proxectos seleccionados.

· colaborará con cada artista seleccionado aportando o aloxamento durante a residencia artística (do 20 ó 25 de Agosto).

· colaborará con cada artista seleccionado aportando 300 euros en concepto de produción.

As obras realizadas na convocatoria serán propiedade dos artistas, polo que unha vez finalizada a mostra disporán de 15 días para retirar as obras ou elementos recuperables da intervención se así o deciden.

A Rede Museística da Deputación de Lugo non se fai responsable:

· dos gastos de materiais, medios e ferramentas necesarios para realizar as obras

polos cales os artistas foron seleccionados; así como tampouco dos gastos de

transporte.

· dos gastos de manutención dos artistas participantes, así como tampouco dos traslados.

· dos danos que poidan xurdir nas intervencións e nos medios e materiais utilizados polos artistas durante o proceso de traballo.

8.- XURADO:

· O xurado estará formado por expertos do mundo da arte e membros da Rede

Museística Provincial.

· O xurado valorará a calidade e orixinalidade dos proxectos, o desenvolvemento do proxecto expositivo e a súa adecuación aos obxectivos definidos nesta convocatoria.

9.- ACEPTACIÓN RESPONSABLE:

· A persoa que solicita a participación nesta convocatoria deberá declarar que os datos que aporta son veraces e que acepta todos os puntos presentes nesta, comprometéndose a levar a cabo ditos puntos e respectar os prazos estipulados.

· Para calquera información adicional, poden enviar consultas ao e-mail

xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org ou no tfno. 982 242 112.

10.- RENUNCIA:

· A participación nesta convocatoria de “Arte e Natureza” supón a aceptación das presentes bases, as resolucións que o xurado e a organización consideren oportunas e a renuncia a calquer tipo de reclamación.