ENREDARTE

A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, promove o proxecto global ENREDARTE concibido para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias… ENREDARTE aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión das creación dos artistas, tanto dos consagrados como dos novos valores (Diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio aberto, I Simposio Arte e Natureza e Saudarte).
O proxecto ENREDARTE vaise desenvolver nos catro museos da Rede Museística Provincial, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no antigo Hospital de San Xosé, ao longo do segundo semestre do ano 2013.
Coordinación: Encarna Lago González Xerente da Rede Museística.