Estudio aberto

RESIDENCIAS ARTÍSTICAS NO PAZO SAN MARCOS

Estudio Aberto é unha iniciativa que bebe das directrices do proxecto Enredarte no que se enmarca: EXPERIENCIA, VISIBILIDADE e o compendio CREAR-COMPARTIR-PARTICIPAR.

Mediante dúas residencias artísticas, 12 artistas seleccionados rigurosamente por un xurado de profesionais da arte, convivirán nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto. Durante unha semana, os visitantes atoparán na sala de exposición do Pazo de San Marcos, un espazo vivo, dinámico, en constante cambio, contedor de experiencias compartidas, que tomarán o público como axente activo das obras. E este proceso culminará na montaxe dunha exposición colectiva coas obras resultantes.

Reflexión e proceso son as claves: tres días ao longo da residencia, os artistas participantes reciben a visita de profesionais do sector (críticos, comisarios, museólogos, galeristas, artistas…) que dun xeito horizontal e aberto dará unha pequena charla e compartirá consellos, opinión e análise.

Para acadar un proceso enriquecedor, tanto para artistas como público, o grupo de creadores escollido é totalmente heteroxéneo en canto a idade, formación, disciplina, orixe xeográfica, conceptos e vías de traballo. VIDEO, PINTURA, INSTALACIÓN, ESCULTURA, PERFORMANCE, DEBUXO, DESEÑO E FOTOGRAFÍA compartirán espazo, xerando sinerxias e colaboración. De este xeito, derivamos noutro termo clave de Estudio Aberto: COMPLEMENTAR.

CRONOGRAMA

XULLO 1<7Xullo : RESIDENCIA ARTÍSTICA I

ARTISTAS SELECCIONADOS:

Reme Remedios, Senén Olano, Ruth Montiel, Gema López, Elena Gaztelumendi e Lomarti. Programa:

1.Xullo: 11.30h_Presentación oficial do Proxecto e apertura da Resistencia

1<7.Xullo: traballo colectivo no espazo Horario: 10 a 14h/ 16.30 a 20.30h

Mércoles 3. Xoves 4.Venres 5. 20.00h :: CHARLAS CON… (Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais, artistas…)

8<11. Xullo : MONTAXE EXPOSICIÓN

11. Xullo : INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

11<28. Xullo : EXPOSICIÓN. clausura o domingo 25

AGOSTO 1<7Agosto : RESIDENCIA ARTÍSTICA II

ARTISTAS SELECCIONADOS:

Mónica Trastoy, José M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herrán, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro. Programa:

1.Agosto: 11.30h_Presentación oficial do Proxecto e apertura da Resistencia

1<7.Agosto: traballo colectivo no espazo Horario: 10 a 14h/ 16.30 a 20.30h

Viernes 2. Sábado 3. Lunes 5. 20.00h :: CHARLAS CON… (Visita de profesionais do sector: comisarios, críticos, xestores culturais, artistas…)

8<9.Agosto : MONTAXE EXPOSICIÓN

9.Agosto : INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN

9<25.Agosto : EXPOSICIÓN. clausura o domingo 25

Advertisement

Seleccionáronse os artistas que participarán cos seus proxectos en ENREDARTE

Seleccionáronse os artistas que participarán cos seus proxectos en ENREDARTE

Seleccionáronse os artistas que participarán cos seus proxectos en ENREDARTE

Esta mañá, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou xunto á xerente da Rede Museística, Encarna Lago, a selección de artistas, feita por un xurado de profesionais do mundo da arte, que farán parte do proceso de creación do proxecto ENREDARTE nas diversas accións que se levan a cabo dentro do proxecto.

Mario Outeiro destacou o carácter multidisciplinar, aberto e inclusivo dun proxecto global como ENREDARTE, “que dan a oportunidade tanto a novos creadores como a artistas xa consagrados, creando unha simbiose moi proveitosa. É un proxecto que abrangue cinco iniciativas que se desenvolven nos catro museos da Rede Museística, a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e o antigo Hospital de San Xosé. Porén, ademais de plataforma para visualizar os traballos duns artistas determinados, EnredArte é tamén un acicate para promover a creación artística, xa que xurdirán novos proxectos creativos a raíz deste proxecto porque os artistas veranse animados e, ademais, isto tamén axudará a pór en valor os espazos museísticos e os fondos dos propios museos da Rede. Por todo isto, creo que estamos diante dun proxecto dunha envergadura moi grande xa que abrangue todas as esferas artísticas e desde todos os puntos de vista: creación, difusión, posta en valor de novos artistas e de espazos culturais singulares. Que os artistas aproveiten estes recursos e o público se achegue á arte”.

Encarna Lago anunciou cales serán os artistas seleccionados para participar en Estudio Aberto, concibido para artistas plásticos de diferentes disciplinas: pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación, etc. A sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos converterase, durante dous meses, nun estudio aberto no que 12 artistas, mediante dúas residencias artísticas no Pazo de San Marcos disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros creadores seleccionados. A decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á sección de Estudio Aberto do proxecto EnREDarte foi para a residencia de xullo: Reme Remedios, Paz Vicente, Cristóbal Tabares e Ro-Ro, Gema López, Elena Gaztelumendi e Lomarti; Para a residencia de agosto: Mónica Trastoy, José M. Luque, Eva Cruz, Edurne Herran, Senén Olano, Ruth Montiel Arias. Como suplente queda designada Isabel Alonso.

Por outra parte, para Diálogos na Rede, a iniciativa aberta aos artistas que respondan á convocatoria dos catro Museos da Rede Museística Provincial (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Etnográfico de San Paio de Narla) e presenten proxectos de intervención que establezan un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos catro museos da Rede, o xurado seleccionou dous artistas para intervir en cada un dos museos: Enrique Tenreiro, Iago Eireos, Marina Núñez, Oscar Seco, Carmen Llonín, Paula Cabaleiro, Isabel Somoza, Yolanda Dorda.

Dentro da iniciativa Espazos Públicos de Visibilidade, tamén pertencente ao proxecto global ENREDARTE, mañá 11 de xuño, ás 17:30 horas, a xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, Encarna Lago, xunto a Lucía Dequit e Francisca Abuín do departamento de Didáctica da Rede, visitarán o Centro Penitenciario de Bonxe para dar a coñecer ao persoal recluso deste centro os museos lucenses e os seus contidos a través dunha charla, complementada con diversas actividades. Logo, o xoves, 20 de xuño, na Sala Multiusos do MPL, os participantes nesta experiencia, reclusos do Centro Penitenciario de Bonxe, darán a coñecer os seus traballos plásticos aos visitantes con unha exposición.

Decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á sección de Estudio Aberto do proxecto EnREDarte

Ás 18:00 horas do día 10 de xuño do 2013, reúnense no Pazo de Tor (Monforte de Lemos) os membros do Comité de Selección que ao marxe se relacionan do PROXECTO ENREDARTE que, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, ten por obxecto valorar as diferentes propostas presentadas á sección de Estudio Aberto (concibido para que os artistas plásticos de diferentes disciplinas convertan, durante dous meses, a Sala de Exposicións da Deputación de Lugo nun estudio aberto ao público), e despois das oportunas deliberacións, acordan por unanimidade adoptar as seguintes decisións:

1.- Destacar o elevado número de propostas presentadas, así como tamén a alta calidade das mesmas.

2.- Visionados os traballos presentados, acordan seleccionar as propostas dos seguintes autores:

 

Para a residencia de xullo:

– Reme Remedios

– Paz Vicente

– Cristóbal Tabares e Ro-Ro

– Gema López

– Elena Gaztelumendi

– Lomarti

 

Para a residencia de agosto:

– Mónica Trastoy

– José M. Luque

– Eva Cruz

– Edurne Herran

– Senén Olano

– Ruth Montiel Arias

 

Como suplente queda designada Isabel Alonso.

 

Integran este Comité de Selección as seguintes persoas:

Mario Outeiro Iglesias, deputado-delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Encarnación Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinadora de Enredarte.

Lucila Yáñez, responsable do Departamento de Belas Artes do Museo Provincial de Lugo,

Fernando Arribas Arias, responsable de difusión da Rede Museística da Deputación de Lugo.

David Barro, editor da revista de Arte Contemporánea DARDO, crítico de arte comisario de exposicións. Crítico de El Cultural (El Mundo) e asesor da Fundación Barrié.

Chus Martínez Dominguez, comisaria independiente de exposicións e crítica de arte. Colaboradora habitual de El País Cultura.

Agar Ledo Arias, xefa do Departamento Exposicións do MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo). Profesora do Máster de Arte. Comisaria e crítica contemporáneas (USC).

Juan Carlos Meana, decano da Facultade de Belas Artes (Universidade de Vigo) e profesor de Escultura.

Marta García Fajardo, directora da Colección de Arte na Fundación Mª José Jove (A Coruña) e responsable da Área Cultural na devandita fundación.

Eva Morquecho, codirectora da galería de arte contemporánea Metro (Santiago de Compostela).

Decisión do Comité de Selección das propostas presentadas á sección de Diálogos na Rede do proxecto EnREDarte

Os membros do Comité de Selección que ao marxe se relacionan do PROXECTO ENREDARTE que, convocado pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística, ten por obxecto valorar as diferentes propostas presentadas á sección de Diálogos na Rede (iniciativa aberta aos artistas que presenten proxectos de intervención que establezan un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos catro museos da Rede), e despois das oportunas deliberacións, acordan por unanimidade seleccionar as propostas dos seguintes artistas:

– Enrique Tenreiro

– Iago Eireos

– Marina Núñez

– Oscar Seco

– Carmen Llonín

– Paula Cabaleiro

– Isabel Somoza

– Yolanda Dorda

Integran este Comité de Selección as seguintes persoas:

Mario Outeiro Iglesias, deputado-delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

Encarnación Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo e coordinadora de Enredarte.

Lucila Yáñez, responsable do Departamento de Belas Artes do Museo Provincial de Lugo.

Fernando Arribas Arias, responsable de difusión da Rede Museística da Deputación de Lugo.

Amelia Aguado Álvarez, directora da Fundacion Jiménez-Arellano Alonso (Palacio de Santa Cruz. Valladolid) e xefa de servizo Centro Buendía. Extensión cultural da Universidade de Valladolid.

Juan García Sandoval, director-Conservador do MUBAM (Museo de Bellas Artes de Murcia). Centro de Estudios de Museología de la CARM.

Rufino Ferreras Marcos, responsable de EducaThyssen (desenrolo educativo do Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid).

Xose Antonio López Silva, filólogo, investigador externo do ILGA, profesor, antoloxista e traductor. Colaborador da USC, poñente e coordinador/moderador en simposios.

Xulia Santiso Rolán, directora-conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán en A Coruña (da Real Academia Galega). Codirectora da empresa de xestión cultural Territorio Cultura (comisariado, coordinación de exposicións, didáctica de museos, proxectos de intervención cultural).

O proxecto Enredarte porá a disposición de artistas e creadores as instalacións culturais da Deputación

Mario Outeiro e Encarna Lago na presentación de Enredarte

Mario Outeiro e Encarna Lago na presentación de Enredarte

O delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou esta mañá no Museo de Lugo o proxecto Enredarte, un proxecto global que aglutina cinco iniciativas para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias dotando aos artistas de espazos culturais para as súas creacións. Na presentación do proxecto tamén participou Encarna Lago, xerente da Rede Museística e coordinadora do mesmo proxecto e preto de corenta artistas que quixeron participar nesta presentación pública dun ilusionante programa que bota a andar.

Na súa intervención, Mario Outeiro afirmou que “con este proxecto tan ambicioso cremos que cumpriremos cun dos obxectivos de toda instancia e administración cultural, fornecer aos novos artistas e creadores, aínda que tamén aos consagrados, duns espazos óptimos para mostrar ao público as súas creacións, co que os dotamos dos medios necesarios para pór en valor o seu traballo. Porén, ademais de plataforma para visualizar os traballos duns artistas determinados, EnredArte é tamén un acicate para promover a creación artística, xa que xurdirán novos proxectos creativos a raíz deste proxecto porque os artistas veranse animados e, ademais, isto tamén axudará a pór en valor os espazos museísticos e os fondos dos propios museos da Rede. Por todo isto, creo que estamos diante dun proxecto dunha envergadura moi grande xa que abrangue todas as esferas artísticas e desde todos os puntos de vista: creación, difusión, posta en valor de novos artistas e de espazos culturais singulares. Non podemos máis que traballar e desexar que sexa o éxito que todas e todos agardamos”.

Tal e como explicou Mario Outeiro, este proxecto desenvolverase ao longo do segundo semestre deste ano e componse “de cinco iniciativas para incentivar a creación, promoción e difusión da arte: diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio Aberto, I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor e SAUDARTE, que darán vida a todos os espazos da nosa Rede Museística e o último, Saudarte, que será unha ocupación temporal do edificio do Hospital San Xosé seguindo o ronsel do exitoso proxecto EntoleArte que enchera o antigo psiquiátrico de Castro de propostas artísticas de case un cento de artistas”.

Espazos públicos de visibilidade – 1 de xuño a 31 de decembro de 2013 – Museos da Rede Museística Os Museos da Rede ofrecen os seus espazos dispoñibles para a presentación diante do público de calquera proposta artística : teatro, música, danza, humor,… Haberá unha convocatoria para a presentación de proxectos individuais ou colectivos. Cos proxectos seleccionados establecerase un calendario de actuacións en distintos espazos (pechados e abertos) dos catro museos. A Rede Museística Provincial organiza o programa, facilita os espazos e ocúpase da promoción e difusión de todas e cada unha das intervencións.

Estudio aberto – 1 de xullo a 31 de agosto de 2013 – Sala de exposicións da Deputación de Lugo Concibido para artistas plásticos de diferentes disciplinas: pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación. A Sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos converterase, durante dous meses, nun estudio aberto no que os artistas, elixidos mediante convocatoria pública, disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros creadores seleccionados.

I Simposio Arte e Natureza no Pazo de Tor – xullo de 2013 – Pazo de Tor Xornadas de traballo no pazo de Tor arredor da arte e da natureza. Admitiranse proxectos de artistas que fan arte terrestre ou de integración das artes na natureza, especialmente aqueles que traballan con madeira, terra, pedra, area, auga, rocas … e que adapten as súas ideas concretas de traballo á contorna do Pazo de Tor e ao diálogo co público. Un xurado seleccionará a catro artistas entre os que presenten as súas propostas. Tamén estará aberta a posibilidade de presentar relatorios en relación co tema do simposio.

SAUDARTE – setembro de 2013 – Hospital de San Xosé de Lugo Proxecto para un edificio que foi hospital e que non ten aínda un destino de uso definido para o futuro. Trátase de abrir temporalmente as súas dependencias para presentar todo tipo de intervencións e propostas artísticas en diferentes eidos creativos: artes visuais, escénicas, musicais, literarias …. Un xurado cualificado seleccionará trinta propostas, individuais ou de grupo, para intervir neste proxecto que segue o ronsel do que tivo lugar no tamén pechado Hospital Psiquiatrico San Rafael de Castro: Entolearte. Valoráranse especialmente (pero non de xeito excluínte) aqueles proxectos que, en relación co antigo uso do espazo expositivo, fagan referencia á enfermidade e a saúde ou aos valores curativos da arte.